ANTE A CRISE FINANCIEIRA O ESTADO É O GARANTE DO CAPITALISMO

O Estado: Garante do capitalismo

[Agustín Mariño-Iniciativa Comunista]

Se a recesión serve para limpar a economía, non terá máis importancia

P. Solbes, ministro de economía.

Con semellante descaro o ministro de economía español exercía a súa función como correa transmisora entre o estado e os intereses da ideoloxía dominante. Non é de estrañar que os representantes do estado traten de vender aos traballadores que os procesos de concentración de capital, a formación de monopolios e a continua crise do capitalismo é algo do máis normal, que non lles ten que preocupar, aceptando submisos e despreocupados o seu papel asignado polo vello mundo.

E efectivamente para a burguesía –única clase representada polo estado- non terá máis importancia, porque esa é a dinámica do capital, porque mentres as empresas menos preparadas se derruban, os grandes monopolios cómense os seus restos e son apoiadas polo estado fortalecéndose e facendo valer a súa hexemonía.

Sen embargo esta mesma realidade é moi diferente para os traballadores que se ven desprovistos das vantaxes ilusorias que o capitalismo prometera garantir. Talvez o ministro tería que engadir “os traballadores non deben preocuparse por nada, xa que nada é o que posúen” e é que a ficticia propiedade da vivenda non terá ningún valor cando a crise hipotecaría toque fondo e millóns de traballadores se vexan obrigádos a vender os seus fogares para afrontar o pagamento das súas débedas como ocorreu en EEUU (2007). E é que a “confianza”, ou o que é o mesmo, a submisión á explotación, a fe cega no capitalismo é o único combustibel que permite seguir andando á maquinaria capitalista contra os intereses obxectivos da historia.

Que pasará cando os bancos comecen a aplicar restricións á retirada de diñeiro aos traballadores debido á falta de liquidez? Como explicarán a xeneralizada suba de prezos dos bens de consumo? A quen atribuirán o continuo ascenso do número de parados? Canto tardarán en pedir abaratar os despedimentos como única medida para xerar emprego? Quen sairá a dar a noticia de que os fondos de garantía social dos traballadores non dan máis de si?

Non é de estranar que a España, xunto ao resto de países europeus e os EEUU interveñan as súas bolsas emprestando millóns de euros expropiados aos traballadores ás mesmas entidades financeiras que agora se ven afogadas pola súa propia desconfianza interna. Os que reaccionaron tarde, coma Rusia, tiveron que pechar os seus centros de especulación diante das incribeis quedas dos valores. Que trema a escaseza de alimentos, que chegou a escaseza de liquidez.

E é que os traballadores entraron nunha espiral diabólica. Co aumento da taxa de morosidade os bancos vóltanse máis remisos a prestar diñeiro, as grandes industrias vense desprovistas de préstamos ao non poder cumprir coas novas condicións e non son quen de contratar máis traballo. Milleiros de traballadores atópanse sen emprego e son incapaces de afrontar as súas débedas, o que pode facer cair ás entidades bancarias. A mensaxe é clara: Diante do derrubamento de traballadores e financeiras, o Estado ten que salvar ás financeiras.

Orixe da crise financeira:

A orixe da actual crise financeira podémola situar nos anos dominados por uns tipos de interese bajísimos como fórmula máxica do capitalismo para garantir o seu crecemento “ilimitado”. Malia que a propaganda ideolóxica rezase o contrario, os capitalistas de todo o mundo decataranse do seu erro, e de maneira planificada coordinaron unha lenta e progresiva suba dos tipos de interese para tratar de frear a dinámica de endebedamento xerada ao tempo que incidían en políticas belicistas e de expansión de mercados.

Non entanto a caótica expansión capitalista é incontrolabel e fronte a súas “medidas de choque” atopabase todo un armazón do que se chamou “hipotecas de alto risco” que a través dun sistema de compra-venda de débedas, diluía esta no máis profundo do sistema financeiro.

Unha vez diagnosticada a doenza o goberno dos EEUU aproba no 2007 a primeira axuda económica tras anos sen intervención estatal. Sen embargo a intervención é insuficiente e os capitalismos emerxentes, enriquecidos debido ao aumento dos prezos das materias primas e dos bens de consumo, acoden como aves de rapina a esnaquizar e repartirse as mellores pezas feridas de morte.

É entón cando o capital nacional ten que cambiar de estratexia e mobiliza toda a forza do estado para garantir a supervivencia do monopolio financeiro como protección do exterior. Aquí é onde entran todas as medidas que inundan os periódicos os últimos días co silencio cómplice dos que defenderon de maneira extremista o libre mercado, ou mellor dito, a libre explotación e o libre saqueo internacional.

Que nos ha ensinou a historia do papel do estado e da formación de monopolios?

O estado xorde como escenificación dos intereses contrapostos de clase. Garante da propiedade privada, a súa función é a de impoñer os criterios da clase dominante á clase dominada. É xa que logo que o estado desde o seu nacemento é a maior ferramenta de control e represión da burguesía para os traballadores permitindo manter a explotación a través da coacción ideolóxica e física a calquera nivel desde que sexa necesario.

É xa que logo, que xa desde tempos antediluvianos, para abrir calquera ruta comercial, primeiro marchaban as tropas militares e logo as civís. O papel do estado capitalista cambiou pouco. Os soldados británicos abríanse paso en África por diante das vías do ferrocarril ao igual que hoxe fano en Iraq ou Afganistán os soldados norteamericanos e europeus, a única diferenza é que xa non teñen o mal gusto de nomear a Iraq como Rodesia. Que Haití non poida facer fronte ás súas débedas non é un gran problema desde o punto de vista da coacción militar, que non o fagan os EEUU, Rusia ou as potencias europeas xa aconteceu na Alemaña de 1932.

O estado “nacional” defende os intereses da súa burguesía “nacional” que aspira nada máis e nada menos que á súa supremacía total como clase hexemónica. Non é de estranar polo tanto que todo desembocase no xurdimento do imperialismo declarando ao colonialismo como obsoleto. A cada vez máis estreita colaboración entre a burguesía nacional e o estado imperialista deu lugar ao desenvolvemento do capital financeiro e á formación de novos monopolios hexemónicos xerando unha simbiose aínda maior co estado até que un e outro se fan practicamente indistinguibeis dando lugar á cara máis terribel do capitalismo: O fascismo.

Hai que salientar o importantísimo papel dos chamados partidos socialdemócratas para xestionar os procesos de confrontación monopolística e upando ao fascismo ao poder. Un grande revolucionario definiu á socialdemocracia como “a facción moderada do fascismo” e os feitos déronlle la razón cando en 1932 e en adiante a socialdemocracia alemá dispuxo alfombra vermella á chegada de Hitler ao poder.

A historia demostrounos tres importantes leccións:

A encomiabel labor ao servizo da burguesía do estado capitalista.

A inevitabel formación do capital financeiro monopolístico e a trasformación fascista do estado.

A tendencia invariable de favor á burguesía por parte da socialdemocracia.

Paralelismos actuais:

Semella que o cenario internacional non é nada prometedor se nos atemos ás ensinanzas da historia. Atopámonos nun proceso de concentración do capital financeiro., os estados capitalistas desenvolvidos pugnan cos estados capitalistas emerxentes xerándose unha serie de contradicións inter-imperialistas tentando de gañar posicións para a futura pelexa polo novo reparto da torta mundial.

Pola súa vez, as conquistas históricas dos traballadores foron arrincadas unha a unha, mentres que paralelamente se desenvolvía o aparello represivo máis impresionante da historia amparado por unha imposición ideolóxica do pensamento dominante. Como colofón, parece que os herdeiros da mesma internacional socialista que lle bateu palmas ao nazismo mentres encerraban aos comunistas, son os encargados de xestionar a barbarie capitalista a escala global.

O capitalismo é crise, a única solución: SOCIALISMO.

E é que o capitalismo tivo que ir sempre a remolque dos logros acadados polo socialismo. O “estado de benestar”, como concesión temporal á clase obreira, foi ideado para facer fronte ao benestar social e material garantido polos estados socialistas aos seus traballadores. Non é de estrañar que esas concesións vaian desmantelándose unha a unha segundo a burguesía garantía a súa dominación ideolóxica fronte ao socialismo.

É curioso como os economistas burgueses actuais din que a variable que máis pode “desequilibrar” a economía é a inflación. O que non din e calan estes pregoeiros do capitalismo é que o único sistema capaz de controlar a inflación demostrado pola humanidade foi o socialismo. Por suposto cando era unha evidencia para o mundo o control dos prezos e o progresivo ascenso de benestar material dos traballadores socialistas, o control da inflación non era importante para os economistas burgueses.

Outro dos seus marabillosos “antes e despois” o atopamos na cuestión do paro. Mentres que antes da caída do campo socialista o desemprego cero era “teoricamente alcanzabel” se se equilibraba a oferta e a demanda. A existencia de paro debíase a que os salarios eran moi altos segundo os capitalistas. De repente sacáronse da nada a figura do “desemprego friccional” e sorpresa! por cuestións inexplicabeis –ou mellor dito, ben explicadas por Carlos Marx- as economías contaban cun mínimo “tope” de parados que varía segundo gosto e goce do que lles conveña a estes aprendices de Goebbels. O que nunca dirán é que a humanidade tamén coñeceu estados de obreiros e campesiños onde o traballo convertera en dereito e responsabilidade, non só no “privilexio” de ser explotado fronte á miseria absoluta de nin sequera selo.

Se o caos capitalista está planificado para maximizar o maior benestar da minoría, só a harmonía do socialismo pode garantir o benestar obxectivo da maioría da poboación.

Hoxe máis que nunca, a tarefa dos traballadores non debe ser a de asistir impávidos a que a socialdemocracia regale todo o noso esforzo ás grandes empresas. Fronte á ofensiva capitalista existe o lexítimo dereito á defensa socialista, a recuperar o diñeiro dos expropiadores, a converter ao explotado en home libre e ao represor en reprimido.

Socialismo ou barbarie!, Venceremos! [Voltar ao inicio desta nova]

CRISE FINANCIEIRA: CONCENTRACIÓN DE CAPITAL E MISERIA PARA A HUMANIDADE

Denny Ortuño [Aporrea-Boltxe]

A crise financeira que enfronta o sistema capitalista está inundando as máis diversas áreas da vida social, económica e política, deixando como consecuencia fame e miseria para a inmensa maioría da povoación mundial co seu efecto lóxico de protestos sociais polo dereito á vida; e doutra banda, a máis brutal concentración de capitais e riquezas para os sostedores do actual réxime imperial de consorcios capitalistas coa consecuente obriga do recrudecimiento dos métodos de represión, explotación e control para manter os gaños empresariais e de dominación política no mundo.
A crise non trata a todos por igual, ese monstro de mil cabezas non morde - por agora – a man do que o alimentou, porén esnaquiza con crueza aos traballadores.

A cara oculta do capitalismo.

O sistema capitalista xera gaños non só como modo industrial de produción, pois tamén obtén estes no casino financeiro do capital, léase Bolsa de Valores. En Norteamérica, Wall Street recicla esa parte do traballo que non se paga no salario, esa plusvalía xógase, aumentándoa en moitos casos ou perdéndoa noutros, mais sempre xerando as mesmas consecuencias para o traballador: maior explotación e miseria independentemente da sorte do apostador.
En Wall Street alóxase o índice industrial Dow Jones, un indicador do valor das accións das supercorporacions que cotizan na Bolsa de Valores de Nova Yorke. Este índice reflicte o valor de mercado das 30 compañías trasnacionais máis importantes e máis recoñecidas nos Estados Unidos e o mundo, dun universo de 10 mil empresas que cotizan no mercado de valores neoiorquino.
Os consorcios que cotizan neste índice son os donos invisibeis da economía mundial, os que impoñen presidentes, alianzas, políticas e estratexias mundiais; noutras palabras os mega explotadores do ser humano, os sustentadores do traballo asalariado, os controladores do comercio e finanzas nos países e os grandes e únicos beneficiarios das riquezas do planeta.
Estímase que a economía especulativa é 10 veces superior á dimensión que ten a economía real produtora de bens e servizos.
As trinta megaempresas imperialistas que controlan o sistema económico produtivo mundial e que conforman o Dow Jones son:
3M Company (industria de aplicacións tecnolóxicas), Alcoa (aluminio), Altria Group (comida, bebida e tabaco), American International Group (seguros e finanzas), American Express (tarxetas de creto), AT & T (telecomunicacións), Boeing Co (aviación e armamentista) , Caterpillar (maquinaria e equipos), Citigroup (finanzas), Coca Cola (refrescos e auga), Dupont (química), Exxon Mobil (petroleira) , Xeral Electric (electricidade, transporte motores, avión, etc.), General Motors (automotriz), Hewlett Packard (informática), Home Depot (construción), Honeywell (servizos espaciais, enxeñería, electrónica), IBM (computación), Intel Corporation (informática), Johnson & Johnson (química e produtos médicos), JP Morgan Chase (Finanzas), McDonalds (alimentos), Merck & Co (farmacéutica), Microsoft (computación), Pfizer Inc (farmacéutica), Procter & Gamble (farmacéutica), United Technologies (conglomerado industrial), Verizon (telecomunicacións), Wal-Mart Stores (cadea detallista), Walt Disney (industria do entretemento).
Non é esaxerado dicir que controlan a economía e o destino do planeta. A apertura económica imposta nas décadas dos oitenta e noventa, xunto ás privatizacións e libre mercado a todos os países latinoamericanos, eliminou os controis estatais, as leis financeiras e as lexislacións laborais co fin de facilitar o saqueo de capitais e riquezas nacionais en complicidade con gobernos lacaios que actuaban e actúan como auténticos “cabalos de Troya” do imperio.
O desprazamento das súas operacións realízase en sectores como manufactura, ensambladura e maquía, mentres nos seus países de orixe se adican a áreas como investigación, desenvolvemento, deseño, distribución e comercialización; os gaños son o resultado da pillaxe de man de obra e recursos naturais, que logo utilizan para xerar unha segunda fonte de mega-ganancias a través da especulación financeira en EEUU e os países centrais do sistema capitalista.
Estas transnacionais móvense baixo a bandeira usamericana e están protexidas polo poderío militar do imperio: a máis mínima sospeita de “inseguridade” no seu contorno (países coa desgraza de aloxar no seu chan a estes explotadores), é causa suficiente para executar invasións, reordenamientos políticos e territoriais, que suxeiten a estes de pés e de mans á explotación capitalista.

A crise: acordo entre ladróns. Protección e monopolios.

Estamos observando como o capitalismo corporativo se protexe a si mesmo e como non perde oportunidade para devorar os capitais dispersos en asociacións ineficaces e concentralos en beneficio exclusivo da mesma burguesía.
Nun estudo do Instituto de Investigacións Económicas (IIE), da UNAM sinala que, 200 empresas trasnacionais de diversos países industrializados, sobre todo de Estados Unidos, concentran 40 por cento do Produto Interno Bruto (PIB) mundial, mais entre a Unión Europea (UE), Estados Unidos e Xapón contabilizaban o 71 por cento do PIB mundial no 2007, malia dispoñer só do 15 por cento da povoación. Este é o alicerce que contribuiu a profundar a desigualdade e pobreza no mundo.

Os primeiros indicios de "crise" empurrou a estas corporacións a converter as súas accións en diñeiro en efectivo (antano convertían dólares, hoxe adequiren euros que son depositados en bancos da comunidade europea), ou migrando a rubros mais proveitosos para o capital por exemplo: petróleo e ouro; o que ocasionou o derrubo da bolsa neoiorquina e xunto a ela a todos os mercados bolsistas "globalizados".

Iniciada a crise, o Banco Central europeu e a Reserva Federal de EEUU saíron a soster o sistema financeiro emborcando máis de 350.000 millóns de dólares.
O movemento de capitais diríxese a “resgatar” non aos seres humanos que día a día quedan na miseria ou morren de fame, senón a apontoar os vellos cimentos do edificio capitalista: resgatar empresas que erraron na ruleta dos beneficios financeiros. Só abonda revisar as noticias:
- Bush propón a inxección de 700.000 millóns de dólares no sector financeiro a cal será votada na Cámara de Representantes e no Senado.
- En Europa, as autoridades británicas anunciaron a nacionalización do banco británico Bradford and Bingley. (AFP)
- Northern Rock, Alliance & Leicester e HBOS, engullida polo seu rival Lloyds TSB. (AFP)
- Os gobernos de Bélgica, Holanda e Luxemburgo anunciaron tamén a nacionalización parcial da entidade bancaria e aseguradora Fortis coa achega de 11.200 millóns de euros. (AFP)
- En Dinamarca, o banco Roskilde foi adquirido por tres institucións financeiras, mentres que Vestjysk Bank fíxose cargo de Bonus Bank e fusionarase con outra institución rexional. (AFP)
- A Reserva Federal de EE.UU. prestará a AIG (American International Group) ata US$85 millardos en fondos de emerxencia a cambio dunha participación accionaria do 79.9 por cento e un control efectivo da compañía.
- Os gobernos belga e francés tamén se comprometeron a axudar ao banco franco-belga Dexia, mentres que en Alemaña o banco Hypo Real Estate (HRE) salvouse da quebra no último minuto ao conseguir unha liña de crédito dun consorcio de bancos compatriotas. (AFP)
- Os bancos centrais de Australia e Xapón inxectaron este luns máis fondos de emerxencia nos mercados monetarios a curto prazo. O Banco Central Europeu anunciou a apertura dun período de préstamo extraordinario de 38 días para proporcionar liquidez aos bancos da Eurozona nun momento en que as condicións de préstamo no mercado interbancario endurecéronse. (AFP)

Os traballadores pagamos coa nosa existencia os erros dos capitalistas.

A crise financeira está adosada a un proceso de recesión e inflación (estanflación: coincidencia no tempo dun estancamento do crecemento unido a un crecemento da inflación), que está impactando gravemente os empregos, os prezos dos alimentos e no custo da vida de millóns de persoas no mundo. Porén bancos e empresas multinacionais, sobre todo petroleiras, están a rexistar ganancias descomunais que son superiores ao orzamento e ao PIB de moitos países do mundo.
Vexamos os datos:
Este proceso que aínda non se lle ve o final, elevou o número de desempregados. A OIT prevé para 2008 un alza de cinco millóns no número de persoas sen traballo no mundo, incrementando en 195 millóns os parados; pola súa banda a UE terá un aumento de 600.000 persoas desempregadas e EE.UU. anota en 2,865 millóns a cifra de desempregados que están recibendo subsidios, dato que se incrementa semanalmente con 22.000 novas persoas sen emprego.
A cantidade de persoas subalimentadas pasou de 850 millóns a 925 millóns, como consecuencia da escalada do prezo dos alimentos no período 2007-2008, segundo informou a Organización das nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO).
O senegalés Jacques Diouf Director Xeral da FAO, detallou que o índice de prezos alimentarios dese organismo rexistrou entre 2005 e 2006 un aumento do 12%, do 24% no 2007 e de perto do 50% entre xaneiro e xullo do presente ano.
Numerosos despachos dos medios de comunicación informaron acerca do enorme chouto no prezo do arroz, que aumento de 75% en dous meses, e trigo, cun incremento de 130% durante o último ano, e como os prezos mundiais do arroz subiron 10% nun día.
O director xerente do FMI, Dominique Strauss-Kahn, estimou que o custo total da crise financeira mundial podería aumentar a 1.3 billóns de dólares, de estimacións previos de ao redor de 1 billón. E a cantos millóns de persoas afectará exactamente a crise? Cales serán as cifras exactas de desemprego, miseria e morte?
É evidente que o prezo para o mantemento do capitalismo, págase coa vida dos traballadores e desposeídos do mundo e que a superación deste estado de cousas, pasa por transformar de raíz toda a estrutura sobre a cal está montado o actual réxime de explotación e opresión humana.
Os nosos países deben implantar e estender a política de seguridade alimentaria - actualmente en desenvolvemento en Venezuela -, a fin de poder facer fronte coa produción masiva de alimentos o sustento das xigantescas poboacións que padecen fame.
O Banco do Sur debe ser o ente que apoie economicamente, as políticas de fortalecemento de intercambio comercial e de produción agroalimentaria, dentro e fóra do continente. O modelo desarrollista industrial e mineiro afastounos dunha actividade vital para a supervivencia do ser humano: a produción de alimentos; o que traeu como consecuencia incapacidade agro produtiva e unha excesiva dependencia das importacións de produtos alimenticios industriais.
Está claro que o capitalismo só ofrece explotación e opresión en momentos de bonanza, e miseria e morte en tempos de crise, só o socialismo coloca ao ser humano no lugar que lle corresponde, facendo mais racional e humana toda a actividade produtiva e de intercambio en beneficio da humanidade toda e non dos capitalistas e explotadores de sempre. [Voltar ao inicio desta nova]