INTERVENCIÓN DE PONTIKOS GEORGE(GRECIA) NA REUNIÓN DA FSM-BARCELONA

INTERVENCIÓN DE PONTIKOS GEORGE, REPRESENTANTE DO COMITÉ EXECUTIVO DA P.A.M.E (GRECIA) NA SÉPTIMA REUNIÓN DO BURÓ REXIONAL EUROPEO DA F.S.M.

Estimados compañeiros,

Traio un saúdo de clase á7a Reunión do Buró Rexional Europeo da FSM de parte do Comité Executivo de PAME, que representa o movemento sindical de Grecia e reune compañeiros de diferentes condicións políticas e ideolóxicas que entenden o valor do contraataque laboral.

Compañeiros,

O 16 e 17 de xuño de 2oo7 realizouse en Atenas a 3ª. Conferencia Nacional de PAME e consideramos que:

Os cambios negativos, efectuados durante os últimos anos, tanto no noso país como en Europa, fortalecen as forzas do capital e empeoran a situación da clase obreira en todos os sectores.

A ofensiva do capital é global e afecta a todos os dereitos de todos os traballadores.

As multinacionais funcionan desaforadamente. Violan os dereitos laborais e especialmente o dereito á libre participación nos sindicatos e o dereito á negociación colectiva. E non só non respeitan as obrigas legais nos paises nos que desenrolan actividades, alén diso impoñen as súas proprias leises.

Perante todos estes anos escoitamos o mesmo discurso, artellado po- las forzas políticas neoriberais e socialdemócratas, que apoian as opcions do capital. Din que se impón tomar medidas antipopulares,e que os traballadores teñen que facer sacrificios polas necesidades da economía.

O eixo central destas forzas politicas é a estratexia das reformas capitalistas, as decisions da Union Europea en base á Directiva de Maastricht, á Directiva de Lisboa .Isto significa a actividade libre do capital, o aumento da súa competencia.

Esta estratexia non é un fenómeno temporal, non afecta só a un ou outro asunto administrativo. Xurde polas mesmas necesidades do capitalismo nas condicions de internacionalizacion do capital e a tensión da competencia dos monopolios.

A semán pasada tratou con claridade iste tema o Fondo Monetario Internacional no seu Informe sobre Economia Europea e tamén o Banco Mundial coa sua politica.

O 18 de octubre en Lisboa a CGTP organizóu grandes manifestacions contra das politicas antipopulares da Union Europea. Participaron mais de 200.000 traballadores pero os Xefes dos Estados-Membro acordaron o Tratado da Reforma da Union Europea.

O Buró Rexional Europeo sobre o “Tratado da Reforma” declaróu que iste Tratado conducirá a unha maior redución dos dereitos laborais e populares, ao afortalamento dos mecanismos de contencion da Union Europea e a unha maior protección do capital e das multinacionais.

Compañeiros,

Actualmente, tanto no noso país como en toda Europa, estáse a planificar un novo ataque aos dereitos de Seguridade Social. A Seguridade Social está en perigo.

Promociónanse medidas para a anulación da xornada laboral a tempo completo e promóvese a flexibilidade laboral.

Todos coincidimos en que o obxectivo que ten o « Green paper on modernizing labour law / flexicurity » do Comité Europeo é nada máis que a reforma da lexislación laboral nunha dirección aínda máis reaccionaria.

Isto implica novos retrocesos nas relacións laborais, a anulación das conquistas do movemento obreiro e redución do precio da forza laboral. Así está previsto na directiva Bolkestain.

A política antipopular compaxínase coa intensidade do terrorismo estatal e empresarial.

Compañeiros,

Os golpes que reciben os traballadores en todos os países teñen máis ou menos as mesmas características. Teñen os mesmos obxectivos. Para afrontar as consecuencias con éxito necesítase coordinación, cooperación e solidariedade internacionalista.

Consideramos que, hoxe, dentro do movemento sindical internacional existen dúas liñas contradictorias. Dúas lóxicas e dúas estratexias contradictorias.

Por unha banda está a estratéxia da Confederación Sindical Internacional (CSI)

Ista organización é a continuación da CISL. Istas organizacións son mecanismos colaboradores do sistema capitalista. Son colaboradores da Comisión.

Mirade os seus documentos. Mirade a súa actitude diante da constitución europea e diante dos asuntos que preocupan aos traballadores en Europa .

Apoian o Novo Orden da Euro-América.

Observade a súa actitude no Iraque, en Afganistán e no Líbano. Observade a calumnia organizada en contra de Cuba, Venezuela, Ecuador.

No movemento sindical europeo existen algúns grupos sindicais principais que desempeñan un papel negativo. Grupos que anteriormente foron membros da FSM como CC.OO de España, a CGIL de Italia e a CGT de Francia y que hoxe son a man longa da CSI.

Un exemplo moi característico son as manifestacións en Francia, nas que as demandas da directiva dos Sindicatos non están á altura das demandas de loita dos traballadores.

Queda por demostrar se os traballadores van comprender a tempo a lóxica do acordo mediante o “Dialogo Constructivo” ou presionarán por unha confrontacion verdadeira.

As forzas da socialdemocracia e do oportunismo, son membros importantes da empresa que se chama Forum Social Europeo, organismo que pese á súa decadencia ten por obxectivo manipular certas forzs do movemento europeo para o seu propio beneficio político.

Un papel de inimigo do movemento sindical xogan as diferentes O.N.G. (organizacions non gubernamentais) que financian as multinacionais e os gobernos.

Frente a istas forzas está a Federación Sindical Mundial. Unha Organización que dende a súa fundación en 1945 ten estado firmemente do lado dos traballadores. Sempre ao lado dos povos que loitan contra da explotación do home polo home.

No periodo 1990-2000 a FSM afrontóu serios problemas e dificultades. Hoxe en día está nun novo curso.

Estáse a desenrolar, estáse a afortalar e ten unha acción moi rica.

Nos últimos dous anos houbo 32 novas solicitudes de afiliación á F.S.M dende 27 países do mundo.

En Setembro de 2007 a FSM realizóu unha Conferencia Internacional sobre as Mulleres en Bruselas. Participaron 105 mulleres de 62 países.

En Setembro de 2007 fundouse en México o Congreso da UIS de Enerxía e estamos a organizar o Congreso de Transporte do 10 ao 11 de Decembro de 2007, na cidade de Belo Horizonte en Brasil. En 2008 realizaránse os Congresos das UIS Metal e Turismo.

PAME participa activamente nos pasos da renovación do movemento sindical de clase en Europa. Participamos activamente no Buro Rexional Europeo da FSM.

Estimados compañeiros,

A loita non se critica só a nivel da análise dos problemas con descripción das preocupaciones de la clase obreira.

Unha grande parte da crase obreira, en todos os paises de Europa, quere facer “algo agora” para que non se perdan as conquistas que ainda quedan.

Hoxe, unhas poucas persoas enriquécense pola explotación de moitas. Ista é a realidade e temos a obriga de reaccionar, de resistir, de reclamar os nosos dereitos e a satisfacción das nosas demandas.

Exactamente niste periodo é necesario un correcto contraataque laboral cunha boa preparación, para que cada movemento poda aproveitar toda oportunidade que se lle brinde e con capacidade de resistir e de garantizar a eficacia en condicions adversas a nivel politico e social.

Non sobreestimamos as posibilidades nen tampouco as subestimamos. Repetimos que hoxe existen mais posibilidades que antes.

Con estes pensamentos, queremos asegurarnos de que aportamos para que se convirta en feitos o Plan de Acción de 2008 do Buro Rexional Europeo.

Enviamos a nosa solidariedade de clase cós povos de Europa, de América Latina, de Asia e de África que loitan polos seus dereitos laborais, polas liberdades democraticas e populares, contra dos monopolios e do imperialismo.

Grazas.

Voltar ao inicio desta nova
.