![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgmjLtdVu0aNEK5-MqdSHP1jeelUTekuqvc1D-hor8qkvDO9yStmU9iKortMzR2eZiZeRuFWu2XZ0fAoPWkGdI4dRKsC34OL0GEkeon01N7qLB23LoXEmPeneL64c3UuYLETMAytjsB1e0/s200/ANTIFASCISMO.png)
(...)Do internacionalismo ao nacionalismo republicano, deste ao nacionalismo monárquico vergoñento, e por agora, “desvinculándose” deste para saltar a outra versión máis do nacionalismo republicano, unha versión máis españolista e reformista que a mantida durante o antifranquismo.
(...) As nacions oprimidas temos sofrido e estamos a sofrer nas nosas carnes este oportunismo indigno e interesado, mais tamén o sofren as clases traballadoras do Estado porque o PCE agochoulles tanto a súa verdadeira historia con respeito á loita de clases contra a burguesía española, como a súa verdadeira historia de indiferencia cuando non de colaboración a respeito da opresión nacional que se exerce dentro do Estado español. Un exemplo arrepiante témolo no longo silencio do PCE sobre a guerra de guerrillas. Mais o problema é máis grave porque o cáncer nacionalista español tamén infecta a pequenos grupos ou partidos que tendo nascido de escisions do PCE non superaron o nacionalismo español...[Ler artigo completo]