PALABRAS DE FIDEL CASTRO EN 1998, SOBRE A CRISE CAPITALISTA E O PORVIR DA HUMANIDADE

Fragmentos dun discurso de Fidel Castro en 1998.

En 1998 durante as sesions do Evento Internacional Economia`98
organizado pola Asociación Nacional de Economistas e Contadores de Cuba. Fidel argumentou lucidamente a imperiosa necesidade de que os economistas estaban obrigados pola época que se vivía -y segue a viver- a ser políticos e os políticos a se converteren en economistas para que examinar a fondo a crise económica global que, premonitoriamente, augurou ia producirse axiña, unha crise moito peor do que a do ano 1929.

Coidamos que vale a pena lembrar algunhas das ideas expresadas polo lider da Revolución Cubana pola súa renovada vixencia:

[Fidel Castro Ruz]. "¿Que tipo de globalización temos hoxe? Unha globalización neoliberal; así é chamada por moitos de nós. É sostíbel? Non. Poderá subsistir moito tempo? Absolutamente non. Cuestión de séculos? Categoricamente non. Durará só décadas? Si, só décadas. Porén máis cedo que tarde terá que deixar de existir.

"¿Créome acaso unha especie de profeta ou adiviño? Non. (...)"¿Como se vai producir a transición? Non o sabemos. Por medio de amplas revolucións violentas ou grandes guerras? Parece improbabel, irracional e suicida. Mediante profundas e catastróficas crises? Desgrazadamente é o máis probabel, case, case, inevitabel, e transcorrerá por moi diversas vías e formas de loita.

"¿Que tipo de globalización será? Non podería ser outra que solidaria, socialista, comunista, ou como vostedes queiran chamala.

"¿Dispón de moito tempo a natureza, e con ela a especie humana, para sobrevivir a ausencia dunha mudanza semellante? De moi pouco. Quen serán os criadores dese novo mundo? Os homes e mulleres que moran no noso planeta.

"¿Cales serán as armas esenciais? As ideas; as consciéncias. Quen son os que as sementarán, cultivarán e farán invencibeis? Vostedes. Trátase dunha utopía, un soño máis entre tantos outros? Non, porque é obxectivamente inevitabel e non existe alternativa. Xa foi soñado non fai tanto tempo, só que tal vez prematuramente. Como dixo o máis iluminado dos fillos desta illa, José Martí: ‘Os soños de hoxe serán as realidades do mañá.”

Se non fosen suficientes estes argumentos, abondaría pasar revista aos acontecementos do último ano que, arrastrados polos avatares da crise económica e financeira nos Estados Unidos e no resto do mundo capitalista, provocan un saldo asustador e arrepiante. [Voltar ao inicio desta nova]